Xa non atendo ó meu amigo

Vídeo realizado polas TÍCaras, unha grupo de mozas emprendedoras nas TIC, dentro do Club do Antifás. Con el pretendemos comparar o papel da muller na lírica medieval e na actual, reivindicando a liberdade de decisión da mesma.

A peza musical é unha variación da orixinal, da profe do noso centro Clara Pino.

Gañamos un Olloboi!

O grupo de Sergio, Carlos, Alicia, Elisa e Carla, de 2ºAB gañaron o premio Olloboi ó mellor guión, exaequo co IES As Barxas, pola súa curta Máis che vale non ser ti. Parabéns!

Ademais, 30 rapaces e rapazas do Club do Antifás participaron na actividade Muchachada Matiné, un roteiro audiovisual por Boiro no que se elaboraron 26 pezas para un mapa emocional sobre a Memoria Histórica da Rúa Principal.

Ruta Translatio

No marco do Plan Proxecta Mirando polo camiño que organiza o EDL, desde o Club do Antifás o martes 30 de maio recreamos parte do camiño que supostamente fixeron os restos do Apóstolo Santiago, de acordo co que conta o Códice Calixtino.

Partimos de Cabo de Cruz en barco e paramos na Illa de Cortegada, onde nos fixeron unha (breve) visita guiada de contido histórico e biolóxico. Fomos logo ás Torres de Catoira para fondear (algúns, ó cabo), en Pontecesures. Desde alí camiñamos a Iria Flavia.

O noso obxectivo é facer unha revisión crítica desta peregrinación; para isto gravamos varias escenas coas que faremos cinco pequenas pezas documentais. Deixámosvos un álbum de fotos da saída e, máis abaixo, o tríptico que elaboramos para a saída.

Ruta Translatio (30 maio 2017)

 

 

 

Aprendo con Olloboi

Comezamos unha nova andaina no CdA, este ano co obxectivo de facer pezas audiovisuais ó servizo doutros proxectos de centro, fundamentalmente, xa nos coñecedes, pezas transgresoras formal ou funcionalmente.

Polo de agora estamos seguindo o método Aprendo con Olloboi, un blog con vídeos (Olloclases) e actividades interactivas, cuxo resumo tés na seguinte presentación. Polo de agora esperamos sacar algún Clipmetraxe denunciando o xeito en que nos alimentamos, que vai rematar co planeta!

.

Volvemos en xaneiro!!

Este ano non teremos Club ata xaneiro, pero no insti haberá numerosas actividades nas que participar.

O EpDLab seguirá funcionando os martes, esta vez coordinado por Ángeles, Teresa e Pilar e co alumnado de 2º. Elas andarán tamén nun proxecto de Educación para o consumo e na Rede Solidaria: hai moito compromiso neste centro!

Pola súa banda, o alumnado de 3º estará preparando o seu intercambio a Francia, e a xente do EDL reunirase para organizar o Magosto e as súas actividades satélite.

Dun xeito ou outro, pois, haberá actividades heroicas, coma sempre, os #martesnacachada

Deixámosvos cun vídeo que elaboraron en Gingko para resumir a actividade do curso pasado:

Remata o EpDLab!

Hoxe foi a última sesión, por este ano, do EpDLab. Fixemos un repaso dos produtos que levamos elaborado, e valoramos os doutros centros. Carai co IES Milladoiro!

Gloria e Jallejo gravaron unha entrevista coa que Roi e María van montar unha peza audiovisual que resuma a experiencia. E finalmente, dividímonos en grupos para compoñer uns cartaces creativos nos que representar cómo facer que o noso mundo sexa mellor!

20160607_15521920160607_15523120160607_15505820160607_160416(0)